sábado, 31 de julio de 2010
 
Mi angelito
29/08/2009 - Gripe A - Recomendacións Curso Escolar 2009/10

RECOMENDACIÓNS CARA O CURSO ESCOLAR 2009/2010

Estas recomendacións están baseadas nas establecidas para os centros educativos e garderías polos organismos de saúde pública, tanto españois como internacionais

Recoméndase que non se atrase o inicio do curso escolar.

A recomendación xeral é que os centros educativos e garderías permanezan abertos, durante a epidemia, mesmo cando neles aparezan casos de gripe.

Recoméndase seguir as indicacións para reducir a difusión da enfermidade entre o alumnado e o persoal e buscar consello médico cando a situación o precise.

Estar atentos á actualización das recomendacións por parte das autoridades sanitarias e educativas nas súas páxinas web.

Debe lembrarse a importancia das medidas básicas de prevención da gripe (ver o apartado en información para a cidadanía/Como evitar contaxiar e contaxiarse):


􀂃 Permanecer na casa se se ten síntomas de gripe.

􀂃 Cubrir a boca e o nariz ao tusir ou esbirrar.

􀂃 Usar panos de papel, preferiblemente, e despois desbotalos axeitadamente.

􀂃 Lavar as mans con frecuencia, con auga e xabón. Sempre despois de usar o pano, tusir ou esbirrar.

􀂃 Airear con frecuencias as aulas e outras estancias


Este documento pode modificarse segundo
mude a situación epidemiolóxica
21 de agosto de 2009



Más información en el enlace inferior:
 
 Contacto: Avenida Miguel Hernández nº 24 - O Carballo (Oleiros) - A Coruña (España) Tlf: 981 610 050
manolocampos@hcrey.org
  Resolución mínima recomendada 800x600
©1999 - 2008 Hijas de Cristo Rey. Todos los derechos reservados.