| Estás en: Historias de ESO
Os alumn@s de primeiro ciclo da E.S.O. centraron os seus traballos do proxecto en dous aspectos diferentes: crear un Viveiro Forestal e colaboran cos pequenos nas tarefas de preparación da Horta.
VIVEIRO FORESTAL
Un dos primeiros obxectivos que nos marcamos foi que o noso viveiro estivera composto por árbores propios de Galicia; por iso os rapac@s recolleron eles mesmos no campo castañas, landras de carballos ou abelás. E como tamén gústanos reciclar, plantamos o noso viveiro en envases tipo “tetrabrick”. Os nen@s puxeron moita ilusión no empeño pero, por algún motivo que teremos que estudiar, esta vez a experiencia non saíu ben e as árbores non chegaron a brotar.
PLANTACIÓN DE CARBALLOS
Pero os rapac@s coñecen ben a importancia das árbores e non se ían a quedar de brazos cruzados. E como tivemos a grande sorte de que a metade de curso nos regalasen varios carballos xa brotados, puidemos realizar a plantación celebrando o noso propio día da árbore.
COMPOSTEIRAS
Xa comentamos noutra sección o importante que é para nós que os nosos cultivos crezan de forma natural e que o abono sexa orgánico. Para isto os alumn@s da E.S.O. fabricaron un par de composteiras con tela metálica e instaláronas xusto ao lado do terreo da Horta.
CAMIÑO DA HORTA
¡Non vos imaxinades cómo estaba o acceso á Horta a principio de curso! Para acondicionalo os rapac@s de primeiro ciclo da E.S.O traballaron moi duramente: liberaron maleza, limparon, marcaron con estacas,… o esforzo pagou a pena e agora os nen@s de Educación Infantil poden chegar sen dificultade á zona onde cultivan.
REGATO
Tamén aquí houbo que traballar con empeño: había un pequeno regato que encharcaba e embarraba parte da zona destinada á Horta e o acceso. Os rapac@s da E.S.O. axudaron a limpar e ensanchar o leito de forma que xa está completamente canalizado e consigue absorber toda a auga ¡Bó traballo! |