| Estás en: Historias de Educación Infantil
En Educación Infantil as actividades de “Cultivando na escola” xiran en torno á Horta, e polo tanto vai ser esta a que máis vexamos nesta sección.
O TERREO
Para empezar a traballar na Horta cos nen@s de Infantil había que coñecer o estado do terreo e os traballos previos que requiría. ¡Estaba fatal! O terreo encontrábase encharcado e co camiño de acceso totalmente embarrado. Houbo que aralo, abrir e limpar un rego para o desaugue, e acondicionar o camiño de acceso.
Non pensedes que foi fácil, as profesor@s de Infantil traballaron duro para que puidesen entrar os nen@s.
SEMENTEIRO
Mentres as profes preparábamos o terreo, os nen@s comezaban a súa tarefa. Compramos diferentes sementes (leitugas, grelos, fabas,…) e plantámolas en clase. Os peques puideron ver cómo brotaban as plantas e empezaban a medrar.
CULTIVO
En pouco tempo as plantas adquiriran o tamaño axeitado, só faltaba rematar de acondicionar o terreo: fomos a sacar as malas herbas, quitar as pedras e botar abono orgánico. Chegara o momento: ¡íamos a transplantar! Ós nen@s fíxolles moita ilusión levar á horta os seus brotes e plantalos alí.
REGO
Unha vez situadas as nosas pequenas plantas, comezaron os coidados na horta. As plantas necesitan varios aportes para desenvolverse. Os máis pequenos saben que as súas plantas precisan coidados e esmeráronse en axudalas a medrar. Así, van a regalas sempre que é necesario.
COMPOSTEIRAS
Temos a intención de que os nosos cultivos crezan de forma natural, baseándonos nos principios da agricultura ecolóxica. Para isto escollemos especies adaptadas á zona e evitamos aportar productos químicos. Por todo isto realizamos o noso propio compost: obtemos abono orgánico deixando descompoñer de maneira natural restos de plantas ou residuos orgánicos. Os pequen@s colaboran aportando os restos das súas merendas. Ademais, recollen as vermes que encontran na horta e bótanas nas composteiras para que axuden na formación do compost.
VISITA Á GRANXA ESCOLA “A CASA DO QUEIXO”
Dentro do proxecto “Cultivando na escola” tamén facemos actividades fora do cole, como irnos pasar todo o día na granxa escola “A casa do queixo”. Vimos animais, participamos en obradoiros,… e pasamos un día estupendo. |