| Estás en: Historias de Primaria
En Educación Primaria traballaron en “Cultivando na escola” creando un Xardín; en esta sección veremos as actividades que realizaron destinadas a conseguilo.
O TERREO
O primeiro que había que facer en Educación Primaria era escoller un terreo para deseñar o xardín e preparar a terra; así, durante os primeiros meses do curso os nen@s tiveron que dedicar grandes esforzos xa que a terra estaba durísima… houbo que remover o solo para abrandalo e binaron en varias ocasións para que sempre estivese aireado. O traballo foi duro pero valería a pena.
SEMENTEIROS
¡Comeza a aventura das flores! E a ilusión dos nen@s por coidalas, coñecelas, velas brotar e medrar. Para isto algunhas das especies había que plantalas en sementeiros que permaneceron un par de meses en cada unha das aulas; trátase de flores tan vistosas e aromáticas como o alelí, pensamento, tomentelo, romeo, chícharo de olor, etc. Segundo ían medrando fóronse transplantando a pequenas macetas individuais que máis tarde levaríanse ao xardín.
PLANTACIÓN
Outras das flores se podían plantar directamente no xardín xa que nacen a partir de bulbos; así que cheos de entusiasmo, e seguindo o deseño que planificaran os seus profesor@s, plantaron gladíolos, tulipáns, lirios, xacintos, crocus e narcisos.
Xa en abril, puideron engadir ao xardín as flores que estiveran coidando nos sementeiros ¡Por fin tíñamos todas as especies no campo!
COIDADOS DO XARDÍN
Pero o traballo non acaba alí, para que as flores crezan sans e ben hai moitas tarefas a realizar e os nen@s puxéronse mans á obra: engadiron abono en varias ocasións para que as plantas se desenvolvan mellor (por suposto natural, para non danar o solo); tampouco hai que deixar que as malas herbas invadan o xardín e por iso escardaron un par de veces para evitar problemas; e non nos esquezamos de regar, que este inverno foi moi seco.
TRABALLOS PLÁSTICOS
E como a imaxinación dos nosos alumn@s é desbordante tamén realizaron unha serie de traballos plásticos cos que aprenderon sobre a reciclaxe, o medio natural, as tradicións populares,… Así por exemplo, fixeron collages con elementos naturais, herbarios con follas secas, fabricaron zancos (e o que se divertiron aprendendo a usalos), marcadores de páxinas e celebraron a festa dos Maios. |