| Estás en: Proxecto 2003 - 04
PROXECTO INTEGRAL DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL CURSO 2003-04
“CULTIVANDO NA ESCOLA”

1.- FUNDAMENTACIÓN
A fundamentación deste proxecto vén dada por dous eixes concéntricos: a problemática medio ambiental que afronta a sociedade en xeral, e as potencialidades dun traballo en educación medioambiental cos nosos alumnos e alumnas.
O primeiro eixe refírese á problemática que no relativo ó medio ambiente padece a sociedade actual. O crecemento descontrolado das cidades, a producción e o tratamento dos residuos, as industrias, o uso de productos químicos na agricultura e a gandería causan importantes danos no medio ambiente.
Os responsables de todas estas causas non son outros que os seres humanos polo tanto somos nós os que temos que cambialas. Para iso o instrumento por excelencia é a educación, xa que a través dela podemos conseguir cambia-la nosa visión do mundo, deixar de centrarnos en nós mesmos e pasar a considerarnos un elemento máis do planeta Terra.
A educación ambiental , polo tanto,debe enfrontarse a unha serie de actitudes que mediatizan a nosa relación coa natureza, como a consideración do ser humano como o centro do planeta, a estimación da natureza como ben inesgotable, a identificación do progreso coa posesión de bens, a sobrevaloración do modo de vida urbano, a primacía do presente sobre os formularios a medio e longo plazo.....
Neste contexto plantéxase a educación ambiental como unha necesidade prioritaria da que non escapan os nosos nenos/as. É aquí onde se sitúa o segundo eixe desta fundamentación. As súas actitudes e os seus valores cara ó medio ambiente contribuirán ben o seu deterioro ou ben ó seu coidado, e polo tanto, é importante traballar sobre as mesmas.
O proxecto enfócase dende un punto de vista interdisciplinario, integrando e relacionando os aportes das diferentes materias, xa que se considera que o medio ambiente abarca diferentes aspectos da vida e é difícil de enmarcar nunha única materia.
Plantéxase ademáis para as diferentes etapas do proceso educativo (Educación Infantil, Educación Primaria, e E.S.O.) como un xeito de integrar a toda a nosa comunidade escolar na tarefa de melloralo seu entorno.
Desde os primeiros anos da súa vida, en Educación Infantil, os nenos e nenas comenzan a adquirir os valores, hábitos e actitudes que seguirán na súa vida, polo que considérase imprescindible actuar a este nivel, aproveitando a plasticidade do momento para comenzar a asentar as bases da súa sensibilidade ambiental. Na Educación Primaria e na E.S.O. considérase fundamental a intervención de cara a asentar coñecementos, actitudes e habilidades de cara á mellora do medioambiente. Finalmente, búscase a participación especialmente activa , dos alumnos/as da E.S.O. ofrecéndolles a posibilidade de compartir a responsabilidade da formación ambiental dos mais pequenos/as de cara a lograr un futuro mellor para todos.
2.- OBXECTIVOS
O obxectivo xeral do presente proxecto radica en favorece-lo coñecemento e a comprensión da natureza, a súa relación co ser humano e a problemática que atravesa na actualidade, así como desenvolver actitudes e comportamentos de respecto e valoración positiva da mesma.
Este obxectivo xeral traballaráse a partir dos obxectivos específicos:
Favorece-lo desenvolvemento de capacidades sensoriais e perceptivas dos participantes nun contexto natural.
Fomenta-lo coñecemento básico do contorno natural e próximo, e o coñecemento de formas de cultivo sinxelas.
Examinar e comprender globalmente as relacións do ser humano coa natureza.
Adquirir comportamentos de respecto e valoración do medio ambiente.
Estimular unha implicación activa no respecto cara ó medio ambiente.
Recuperar activamente as zonas mais degradadas do entorno escolar.
Estes obxectivos específicos desenvolveránse en base ós contidos que aparecen a continuación.
CONTIDOS CONCEPTUAIS
Ecosistemas naturais (litoral e bosque) e antrópicos (agrícola)
Relacións do ser humano coa natureza.
Coñecemento das plantas e da súa importancia na biosfera.
Tratamento de residuos: compostaxe.
Coñecemento de diferentes artes plásticas como as composicións con elementos naturais.
Características dos instrumentos e elementos utilizados para manter e coida-la horta, o xardín e o viveiro.
Diferentes formas de cultivo, repoboación, semente, etc.
Características das plantas, coidado e necesidades, época de semente, etc.
Estudio dos factores ambientais e a súa influencia no desenvolvemento das especies cultivadas.
CONTIDOS PROCEDIMENTAIS
Análise da nosa relación co medio.
Uso dos sentidos na natureza para o recoñecemento e identificación das características de plantas.
Reutilización de residuos orgánicos e elaboración de compost.
Control progresivo das tarefas necesarias para o mantemento da horata, do viveiro e do xardín.
Uso de medios para divuldar e compartilas experiencias (internet)
CONTIDOS ACTITUDINAIS
Comportamentos axeitados na natureza.
Valoración positiva da natureza.
Cooperación en e pola natureza.
Toma de conciencia da importancia do noso comportamento para o mantemento do medio.
Curiosidade científica, interese pola búsqueda de explicacións de feitos e fenómenos.
Valora-la aportación da información transmitida por tódolos participantes.
3.- METODOLOXIA.
Séguese unha metodoloxía activa e participativa. Pretendemos que o alumno se integre na súa propia aprendizaxe xunto con outros alumnos e alumnas e o seu mestre, intentando atopar resposta ás preguntas formuladas nos distintos momentos.
Neste proceso o alumno/a vai incorporando as técnicas e estratexias necesarias, obtén información a partir da súa experiencia e dos datos que os nenos/as e o mestre lle proporcionan, e familiarízase con diferentes formas de recollela.
Tratamos ademais de que a aprendizaxe sexa significativa, xa que constantemente estanse xerando conflictos socio-cognitivos que esixen a procura de reequilibracións por parte do alumno/a.
Neste proxecto, experiencia e aprendizaxe están moi relacionadas. As actividades están pensadas para favorece-la interacción entre iguais e cos adultos, e temporalizadas en función dos ritmos naturais do proceso. Neste senso favorécese a interrelación entre alumnos/as de distintas idades, xa que os maiores irán ensinando ós cativos e colaborando no seu proceso de aprendizaxe.
Por ultimo os recursos didácticos a utilizar son os seguintes:
A planificación dos mestres.
Os contidos, obxectivos xerais e específicos.
O uso dun método globalizado de traballo
As tarefas relaciónanse coas distintas áreas da experiencia.
O xogo como instrumento clave da educación e o crecemento persoal.
4.- ACTIVIDADES
Os obxectivos e contidos plantexados vanse traballar a partir de dúas liñas de actuación: a) sensibilización cara ó respecto polo medio ambiente; e b) interacción coa natureza. A continuación explícanse as principais actividades programadas nestas liñas de actuación agrupadas por áreas de traballo.
ÁREA DE CIENCIAS NATURAIS E BIOLOXÍA
Tódolos niveis traballarán nesta área como punto de partida a importancia da vexetación na biosfera.
Ed.Infantil : Preparación da terra para a horta, plantación de sementes e seguimiento do seu crecemento.
Ed.Primaria : Estudio e procura de sementes, bulbos, esquexes e plantas que se adapten á zona a axardinar, de cara a conquerir un xardín “vivo “ todo o ano.
Preparación da terra, plantación e coidados do xardín.
E.S.O . Recuperación e acondicionamento da zona destinada á horta. Incluíndo a recuperación dun regato próximo á horta.
Análise das características edafólicas do terreo co obxecto de adaptalos cultivos tanto da horta como do xardín.
Uso de fertilizantes e pragicidas biolóxicos na horta e no xardín.
Saída a bosques cercanos para recoller froitos e sementes. Plantación das sementes e os froitos de cara a crear un viveiro forestal.
ÁREA ARTÍSTICA
Ed.Infantil, Ed.Primaria e ESO realizarán composicións vexetais a partir dos elementos recollidos na horta e no xardín. Tamén se utilizarán elementos recollidos en saídas ó campo.
E.S.O. : Estudio de diferentes tipos de xardíns, e elaboración do deseño do xardín que se creará na escola de tal xeito que o resultado sexa harmónico e artístico.
ÁREA DE TECNOLOXÍA
ESO : Sistemas de rego, suxeción (estacas...) necesarios para o mantemento da horta e do xardín.
ÁREA DE CIENCIAS SOCIAIS
Ed.Primaria : Creación dun pequeno observatorio meteorolóxico que rexistre as incidencias climáticas, permitindo a través da recollida de datos a elaboración de gráficos pluviométricos.
ESO : Realización dun estudio climático (temperatura, pluviosidade,...) que permita axeitala orientación da horta e do xardín tendo en conta os ventos dominantes, a incidencia do sol, a humidade,...
ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA
Ed.Primaria e E.S.O .: Deseño e realización por parte do alumnado de actividades físicas no medio natural que contribúan á súa conservación e mellora.
ÁREA DE INFORMÁTICA
ESO : Publicación de datos do observatorio metereolóxico en internet, así como información acerca do desenvolvemento do traballo en xeral. Creación dunha páxina adicada ó Voz Natura da nosa escola.
Ó mesmo tempo o proxecto pode dar lugar a diferentes traballos relacionados co mesmo nos que poden participar outras áreas como literatura (traballos literarios, relatos,...), historia (xardíns na historia, plantas en canto á súa orixen),... Do mesmo xeito, se plantexarán celebracións conxuntas da comunidade educativa con motivo de datas sinaladas como o Día da Árbore.
Na páxina seguinte pódese observar un cronograma que reflicte a distribución das actividades.
CRONOGRAMA
MES |
ACTIVIDADES DA AULA |
ACTIVIDADES DE EXTERIOR
|
Xuño-Xullo |
Revisión do proxecto e traballo de organización por niveis |
Setembro |
Preparación do material e distribución do traballo
|
Octubro |
Recollida selectiva: Compost.
Preparación das composteiras.
A importancia da vexetación na biosfera |
Instalación das composteiras
Limpeza do terreo do xardín.
Recuperación do regato e limpeza da zona de traballo da horta. |
Novembro |
O bosque
|
Recollida de sementes e froitos no bosque. Clasificación.
|
Decembro |
A semente e a plantación |
Plantación en tetrabricks das sementes e froitos recollidos no bosque de cara a crear un viveiro forestal. |
Xaneiro |
A semente e a plantación |
Creación de sementeiras nas aulas.
Análisis das características edafólicas do terreo.
|
Febreiro |
A observación meteorolóxica de cara ó cultivo.
Creación dun observatorio mereorolóxico. |
Instalación do observatorio.
Recollida de datos.
|
Marzo |
A árbore
Festa da árbore |
Plantación dos primeiros plantóns na horta e no xardín. |
Abril |
Agricultura ecolóxica
O tratado ecolóxico do xardín
|
Uso de abonos e pragicidas ecolóxicos.
Plantación e coidados na horta e no xardín.
Instalación de sistemas de riego.
Seguimento do viveiro forestal. |
Maio |
Respeto e coidado do medio ambiente. |
Actividades no medio natural.
Coidado da horta e do xardín. |
Xuño |
Recordando o feito |
Recolleita e festa da recolleita
Coidado do xardín
Festa do Medio Ambiente
|
5.- AVALIACIÓN
O obxectivo da avaliación deste proxecto é amplo, abranguendo dende a comprobación da consecución dos obxectivos ou a detección dos fallos na programación, ata a adaptación das actividades propostas ou a optimización do desenvolvemento das mesmas, en definitiva, trátase de mellorar e optimizar, dun xeito continuado, o proxecto e a súa dinámica.
É importante avaliar constantemente. E non se avalía só o resultado dunha actividade, senón o proceso realizado e a actuación do propio mestre no formulamento das actividades.
O sistema de avaliación proposto para este proxecto estructúrase en función do momento de avaliación: antes, durante e despois.
Avaliación Inicial .- Na avaliación inicial informamos sobre a situación do neno/a ó principio do proxecto.
É moi importante a observación diaria, recoller información a través de diálogos e de preguntas, para saber de ónde partimos, qué intereses e gustos teñen os nenos/as; é dicir, buscar información que nos facilite e vencelle o traballo posterior. Neste senso, agás no caso dos mais cativos, faremos unha medida inicial a través de distintas Escalas de Actitudes e Valores de cara ó medio ambiente, que nos permita situar ós nosos rapaces/as neste campo.
Avaliación Continua .- Este tipo de avaliación ten como obxectivo contrasta-la marcha do proxecto. Dita avaliación permite correxir, asusta-las actividades, crear novas alternativas, valora-los progresos e as dificultades atopadas,... Para este tipo de avaliación utilizarase información procedente dos nenos/as e dos mestres/as.
Para os nenos/as, utilizaranse distintas estratexias como: observación do desenvolvemento das actividades, grao de participación e implicación, se amosan entusiasmo polos descubrimentos, se teñen autonomía de acción e de pensamento, se son capaces de supera-las dificultades e colaboran cos demais...
No caso dos mestres/as, a avaliación realizarase nun apartado específico de reunión bimensual dos mestres. Nesta avaliarase o desenvolvemento das actividades, as dificultades atopadas, o comportamento dos nenos/as... Esta reunión permitirá, polo tanto, axusta-la programación día a día.
En definitiva, este tipo de avaliación permitirá ir mellorando o proxecto tanto sobre a marcha como a curto e medio prazo.
Avaliación Final .- O obxectivo será obter unha visión global e final do funcionamento do proxecto, utilizará ademais da información recollida na avaliación inicial e continua, unha avaliación final dos nenos/as e dos mestres/as.
No caso dos mais cativos (E.Infantil) levarase a cabo algún xogo ou actividade sobre o aprendido na experiencia, para os maiores ademais de distintas actividades de avaliación informal, repetiremos as Escalas de Actitudes e Valores aplicadas ó comezo do proxecto de tal xeito que poidamos ter unha “medida” do efecto da nosa experiencia.
A avaliación final dos mestres realizarase a través dunha reunión final ó rematalo proxecto. Dita avaliación xira básicamente en torno a catro temas: consecución de obxectivos, coordinación, actividades e participantes. |